Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Xoán na área metropolitana coruñesa

    Cambre 2011 - Festas de San Xoán en Pravio - cartel

    Cartel promocional das festas de san Xoán en Pravio (Cambre). A parroquia cambrense había dous anos que non celebraba as festas do patrón

    As festas de San Xoán levan a música de verbena, churrascadas e sardiñadas a diversos puntos da área metropolitana da Coruña. Concellos como Cambre, Bergondo, Betanzos ou Irixoa teñen parroquias nas que estes días se levan a cabo as festas do patrón. E se non convence ningunha proposta non hai máis que ir ta aBergantiños, onde a súa capital, Carballo celebra tamén as festas grandes do concello.

    BERGONDO

    Dúas son as propostas festeiras no concello bergondés: Lubre e Ouces están en festas:

    LUBRE: SINTONÍA DE VIGO o día 24, FANIA BLANCO SHOW o 25 e MADEIRA o 26. Estes dous últimos días haberá pulpada e mexilloada respectivamente. Na última xornada tamén haberá xogos infantís.

    OUCES: LOS PLAYER'S o 24 e ALIANZA o 25. Para apertura das festas haberá unha gran churrascada.

    BETANZOS

    En PIADELA están de festas durante dous días: o 24 gran churrascada e actuación da orquestra coruñesa JUAN MALLO; o día 25 grupo ABC.

    CAMBRE

    Dous lugares en festas no concello cambrés: Brexo-Lema e Pravio; dúas propostas moi próximas entre si.

    En PRAVIO, o 24 gran churrascada e a actuación da FANIA BLANCO SHOW, AMERIKAN TOP o 25 e un grupo musical sen determinar aínda, para o día 26.

    En BREXO-LEMA, o día 25 MAGOS DE ESPAÑA e o día 26, outra data coa FANIA BLANCO SHOW.

    IRIXOA

    Para finalizar, na parroquia de AVIÑA haberá dúas xornadas festivas; o día 25 actuación da orquestra COMPOSTELA e o 26, grupo METRÓPOLIS para cerrar as festas de 2011.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook