Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O soño de Ana

    Ana Paz Santamaría 2011 - 07 - Ribeira

    Ana Paz Santamaría interpretando unha canción coa orquestra Olympus / © Fotos: roxegar 2011

    ANA PAZ SANTAMARÍA: O NACEMENTO DUNHA ESTRELA

    Con doce anos a maioría dos nenos e nenas aínda non saben o que queren ser de maiores, fóra das típicas profesións que quixemos ser todos con esa idade. Pero Ana teno moi claro: quere ser cantante.

    E para iso esta rapaza ribeirense prepárase indo a clases e esforzándose sempre que pode a maiores dos estudos correspondentes a esta idade. É un sacrificio que ten que facer pero sabe que non queda outra. Os vídeos e cds dos seus artistas preferidos hai que machacalos e hai que coller técnica para a interpretación. Na nosa terra temos, ademais, numerosas orquestras, algunhas delas moi mediáticas, e esa é tamén unha saída para moitos músicos e voces.

    Quizais Ana ten soñado con formar parte dunha grande orquestra galega, por que non? Que se sentirá ao subirse ao escenario dunha das "grandes"?

    Algúns soños convértense en realidade... Ana puido experimentar todo isto, e ademais diante dos seus veciños, a xente que a ve medrar. Nas Festas do verán de Ribeira a sorte quixo que Ana Paz Santamaría interpretase coa orquestra OLYMPUS (nada máis e nada menos) no Malecón da Centenaria unha canción ante ribeirenses e visitantes. E alí quedou demostrado, naquela noite húmida de agosto que non impediu que a praza se enchese, que Ana ten madeira de cantante. Hai moito por facer pero hai por onde tirar, que é o importante.

    Ana Paz Santamaría 2011 - 05 - Ribeira

    Ana Paz Santamaría, con Peke, Rodo e Pablo Somoza de Olympus / © Fotos: roxegar 2011

    Lémbrome de Lidia Sueiro, unha rapaza de Culleredo que tamén subiu un día ao escenario de OLYMPUS e hoxe se está formando neste apartado do mundo da música e pouco a pouco vai facendo unha carreira como cantante. Quizais a Ana lle pase igual e dentro duns anos a vexamos nun escenario de orquestra. E de aí, quen sabe... moitos grandes artistas empezaron en pequenos grupos e orquestras, é unha plataforma máis, e sobre todo en Galicia, o país das orquestras verbeneiras.

    O certo é que aquela noite de agosto Ana viu cumprido o seu soño. Polo menos por un día Ana foi a estrela da festa; e se cadra o soño se converte en realidade...

    © Galería de fotos de Ana Paz Santamaría por roxegar (2011)

    Ana Paz interpretando o tema Sueña con Olympus e un fragmento de It's a heartache, a capella

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook