Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Xacobeo chega a Rois

    Rois - Festa do Xacobeo 2010

    Hoxe a festa do Xacobeo chega a Rois para lembrarnos que esta localidade tamén está no Camiño de Santiago. A cita festiva leva a dúas das máis importantes orquestras de Galicia e espérase que a festa desta noite congregue a milleiros de persoas.

    Para que a festa do Xacobeo de Rois sexa todo un éxito contarase coa actuación da CHARLESTON BIG BAND desde o veciño Padrón e OLYMPUS de Negreira. O tempo acompañará e a situación da festa será ao lado da Casa do Concello e desde este organismo xa estará todo disposto para acoller os festeiros que se achegarán para a cita que se prevé multitudinaria.

    ________________________________________________________________________________

    AVISO DE CORTE DE ESTRADA

    Veciños/as:

    O luns 11 de outubro vaise celebrar no Concello de Rois unha gran festa con motivo do Ano Santo 2010. O evento vai ter lugar diante da Casa do Concello de Rois, polo que un tramo da estrada AC 301 Padrón-Noia permanecerá cortado dende as 17.00 horas do luns 11 de outubro ata as 08.00 horas do día seguinte, martes 12. O motivo do corte é a colocación dos palcos das dúas orquestras que van actuar, Charleston Big Band e Olympus. Concretamente pecharase ao tráfico o treito que vai dende a carnicería de Fernando ata o cruzamento de Oín.

    Rógolles que desculpen as molestias e agradézolles que retiren os vehículos que se estacionan nesta zona, tanto nos garaxes coma nas marxes da estrada.

    Moitas grazas pola súa colaboración.

    Atentamente,

    Ramón Tojo Lens

    Alcalde do Concello de Rois

    Rois, 1 de outubro de 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook