Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Noviembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Olympus 2011, aínda máis grande

    Olympus 2011 - orquesta - cartelNova imaxe da orquestra Olympus 2011 coas dúas incorporacións nas voces, Jessica Santín e Mar Gómez

    A orquestra OLYMPUS de Negreira comeza xa a súa nova temporada 2011. A formación musical presenta hoxe unha nova imaxe na que se inclúen os cambios para o novo tour (tan só as voces femininas) e abre a súa nova e atractva páxina web.

    Na nova web de OLYMPUS inclúense apartados que xa estaban operativos na anterior páxina aínda que actualizados para acoller a nova temporada: apartados de compoñentes, calendario (coas datas de decembro), zona fans, contacto, etc... Ademais, os seguidores da orquestra teñen un cometido especial na páxina, pois poderán expresar as súas opinións, dar o seu aopoio e comunicarse co resto de seguidores e membros da orquestra a través de tres canles: un apartado denominado "nuestra voz" especialmente pensado para os membros da formación musical e onde os seguidores poderán entrar para asinar, un libro de visitas e un chat que hoxe mesmo a partir das 20.00 horas estará operativo.

    Coa única incorporación das dúas novas cantantes, Jessica Santín (ex PARÍS DE NOIA) e Mar Gómez Robaina (ex TANGO), a orquestra máis famosa de Negreira comeza xa o seu traballo de cara á temporada 2011 que comezará o próximo 3 de decembro. De momento xa está operativa a nova web e a nova imaxe , aínda máis grande.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook