Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Diciembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Olympus cancela o seu concerto por causas meteorolóxicas

    Orquesta Olympus 2012 - Festival benéfico suspendido - cartel O forte temporal que desde o venres azouta Galicia obriga á orquestra OLYMPUS a tomar unha decisión difícil: a cancelación do concerto benéfico a favor dos nenos do colexio O Coto de Negreira que ía ter lugar dentro dunhas horas hoxe domingo 16 na explanada do citado colexio.

    A formación musical ia estar acompañada dalgúns artistas como Sabela, Mario Álvarez e famosos participantes do programa de Telecinco La Voz como Nieves Hidalgo ou Javi Mota entre moitos outros. Tamén se ía aproveitar para gravar cos nenos un vídeo musical que levaría por título, Todos os nenos queremos a paz.

    A poucas horas do comezo do evento fíxose pública nas redes sociais a difícil decisión de suspender o concerto debido ás causas meteorolóxicas adversas.

    Podes consultar toda a información nas páxinas web da axencia e da orquestra: www.galiciaespectaculo.com e www.orquestaolympus.net

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook