Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Olympus e Aché coinciden hoxe en Tordoia

    Orquesta Olympus - 2010 - 0084 - RibeiraRodo Téllez, vocalista da orquestra Olympus / © Foto: roxegar 2010

    E se en Abanqueiro mañá celebran a III Festa da Xuventude, en Tordoia xa van polo quinto ano. As orquestras ACHÉ e OLYMPUS serán as encargadas de facer esta edición 2011. A organización agarda que acudan máis de 2000 persoas esta noite á explanada do campo de fútbol de Tordoia.

    Tampouco faltará a churrascada nin o café como en cada edición. Para probar o churrasco hai que retirar tiques, na Casa do Concello e nos bares colaboradores a un prezo único de 10 euros, e na propia festa a partir das 20.30 horas.

    E despois da cea, a música: OLYMPUS e ACHÉ, dous pesos pesados hoxe por hoxe na verbena galega. A de Negreira repite en Tordoia, e este ano estará acompañada por unha "rival" forte; a orquestra ACHÉ está disposta a repetir o éxito da temporada pasada ou, se cabe, a acrecentalo aínda máis.

    Os de Peke e os de Mon poñerán hoxe o punto de mira festeiro en terras de Tordoia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook