Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Olympus revoluciona Negreira

    Negreira 2011 - Festas de San Cristovo - cartelOlympus encabezou o cartel das festas do seu concello, Negreira

    A esperada volta da orquestra OLYMPUS ás festas máis importantes de Negreira é o máis destacado do programa festivo da localidade coruñesa. O concello goza de catro días de festas que, malia os recortes pola crise (xeneralizados en practicamente todas as comisións de festas), traen tres atractivas xornadas de verbenas.

    Na primeira xornada foron a orquestra OLYMPUS e o grupo CICLÓN os encargados de abrir as celebracións de 2011, e, coma sempre, encheron o campo da festa. As xiras Aún más grande e Ciclón te hace volar non deixan indiferente a ninguén. Pero as verbenas non remataron aquí, GRAN PARADA e a renovada formación musical NEBRASKA fixeron o propio na segunda noite de troula. As verbenas rematan hoxe sábado da man de VERDE MENTA, aínda que as festas seguen mañá coa tradicional Feira Cabalar.

    Unha vez máis queda demostrado que Negreira está con OLYMPUS, a súa orquestra.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook