Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Olympus: tinguir de vermello Caldelas de Tui

    Orquesta Olympus 2011 - Festa de fans Caldelas de TuiEsta noite a orquestra Olympus organiza unha festa para os seguidores da formación musical. Estarán acompañados polos amigos de La Oca, que comezarán ás 22.30 unha noite de celebración en Caldelas de Tui

    Iso é o que vai pasar hoxe, a marea vermella de OLYMPUS chega esta noite ás Festas da Rocha, en Caldelas de Tui, onde a orquestra ten preparada unha noite dedicada aos seus seguidores. Acompañados polo grupo LA OCA, que vén de cerrar hai unhas horas as festas de Esgos onde leva actuando 20 anos seguidos, os compoñentes de OLYMPUS despregarán todoa a súa música e espectáculo para ofrecer unha actuación especial dedicada aos seus seguidores.

    Entre outras sorpresas repartirase entre os asistentes o gorro oficial 2011, que promete tinguir de vermello todo o campo da festa, ao que se prevé que acudan miles de persoas.

    Ás 22:30 comezará LA OCA ofrecendo un repertorio bailable e verbeneiro 100% para continuar despois a orquestra de Negreira. O grupo de Sanxenxo cerrou ás 6 da mañá en Esgos unha festa que aguantou do público ata o final e na que tivo que facer varios bises antes de clausurar a festa. Hoxe a celebración das festas da Rocha será cerrada pola OLYMPUS e, de seguro, aguantará tamén de moito público festeiro ata o final do segundo pase, como vén sendo habitual.

    Hoxe a cor predominante na festa será o vermello, o vermello OLYMPUS, ás beiras do Miño. Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook