Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Olympus volve a Loroño

    Zas 2012 - Festas do Apóstolo en Loroño - cartelA parroquia de Santiago de Loroño, en Zas, celebra esta noite a súa cita festeira máis importante. O esforzo dos sitios pequenos por ofrecer un bo cartel queda patente en Loroño un ano máis. Xa desde hai dez anos aproximadamente a cita festiva converteuse nunha especie de Festa da Xuventude, coa actuación dunha grande orquestra acompañada por outra formación musical das coñecidas. É o caso de todos estes anos nos que actuaron grandes formacións como PARÍS DE NOIA, PANORAMA, OLYMPUS, MARBELLA, CICLÓN, etc... A orquestra de Negreira xa actuaba no campo de Loroño hai dous anos e este 2012 repite en terras de Zas.

    Para os compoñentes de OLYMPUS seguro que aínda está presente na memoria a festa de Loroño de 2010, cando varios individuos se dedicaron a meter pedras nos depósitos dos tráilers. A broma fixo que os remolques da orquestra non puidesen ser retirados ata o día seguinte e o incidente vandálico foi moi comentado nas páxinas webs e foros dedicados ás orquestras e festas ademais de nas redes sociais.

    Confiando en que non se han volver a repetir este tipo de falcatruadas a orquestra OLYMPUS será a actuación estelar de 2012 en Loroño, e estará acompañada por GARIBALDI. Ademais, mañá a parroquia celebrará as súas festas xa máis en familia e para iso contarán con sesión vermú e verbena a cargo dun grupo musical.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook