Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ordes sortea a crise nas patronais

    Ordes 2012 - Festas patronais - cartelO esperable das festas patronais de Ordes este ano era que o programa sifrise un recorte importante despois de todas as noticias negativas que viñan dándose no concello no que a eventos festivos se refire.

    Porque o recorte en festas en Ordes foi dos máis importantes. A localidade prescindiu de dúas citas xa consolidadas en terras ordenses e que movían a milleiros de festeiros ano tras ano. Falamos do Festival Brincadeira (que foi acollido pola localidade coruñesa de Cambre e que acaba de cerrar a primeira edición cambrense con grande éxito) e da Gala contra o cancro da orquestra PANORAMA (que acolleu Vilagarcía de Arousa tamén con grande éxito de público). Ademais, moitas festas das parroquias de Ordes sufriron o recorte nas axudas por parte do Concello e mesmo algunha non se puido celebrar.

    Por todo isto sospeitábamos que o cartel das patronais sufriría un gran recorte en canto ás formacións musicais; por iso é unha grande alegría poder promocionar un cartel potente que achegue moitos festeiros a Ordes nos días centrais de celebración e que poida resarcir en certa medida a hostelería das perdas ocasionadas pola supresión dos outros eventos.

    E así pasan desde o día 14 polo campo da festa formacións como: SINTONÍA DE VIGO, SALSA ROSA, LA BÁMBOLA, ARMONÍA SHOW, BAHÍA BLANCA e tres das consideradas mellores orquestras de Galicia e que xa son case fixas todos estes anos, PARÍS DE NOIA, OLYMPUS e PANORAMA, que manteñen o cartel de Ordes como un dos máis completos da zona na semana máis cara do verán para a contratación de orquestras.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook