Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Orquestra Capitol: 25 anos a pé de festa

    Orquesta Capitol 2011 - CD 25 AniversarioA orquestra Capitol lanza novo traballo discográfico para celebrar o seu 25 aniversario

    A afamada orquestra CAPITOL cumpre esta temporada 25 anos a pé de festa. Nos tempos que corren é todo un mérito facer tantos anos e seguir na primeira liña da verbena. A formación musical de Bertamiráns non quere pasar por alto un aniversario tan importante e por iso lanza un CD para celebrar todo este tempo nos campos da festa.

    Hoxe xoves no programa Palco de Estrelas de Daniel Seijas, en Radio Valga, poderás escoitar en exclusiva o novo traballo discográfico dunha das mellores orquestras de baile galegas. Ademais, no programa festeiro de Radio Valga tamén poderás escoitar un adianto do que será o novo traballo en CD da orquestra CINEMA que leva por título Estomballándote con... CINEMA.

    Pero aínda non acaba aquí a cousa. Poderanse escoitar tamén temas do novo DVD da orquestra coruñesa LOS SATÉLITES, traballo gravado o pasado ano no Teatro Colón da Coruña para celebrar os 70 anos da orquestra e que xa está dispoñible á venda.

    A partir das 19:00 horas o programa do amigo Daniel Seijas trae hoxe importantes novidades discográficas no mundo da verbena. O tempo de duración do programa, coma sempre, ata que o corpo aguante.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook