Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Noviembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Orquestra Panamá 2011; todos os cambios

    orquesta-panama-2010-cartelCartel actual da orquestra Panamá que continúa actuando durante o mes de novembro

    Unha das orquestras máis coñecidas de Ferrolterra é, sen dúbida, a PANAMÁ. Xunto coa Naronesa MONTES disputa o posto de formación verbeneira máis popular desa zona de Galicia. E en ambas hai este ano cambios, máis marcados en MONTES, onde haberá unha profunda renovación. En PANAMÁ parece que serán tres as novidades no cadro de músicos.

    Se en MONTES a renovación afecta tanto a músicos como a cantantes, en PANAMÁ só haberá, en principio, modificacións nos instrumentistas.

    Así causan baixa na orquestra Javier Nieto (batería), Fran Rodríguez (guitarra) e Ildemaro Acosta (trompeta). Os seus lugares serán ocupados por Óscar na batería, que volve á formación musical, Ivis Reyes, procedente da MONTES na guitarra e J. Chacón como trompeta.

    A orquestra PANAMÁ caracterízase por ser unha formación na que predomina a música de baile. A formación naceu en 1987 da man de varios integrantes do famoso grupo LOS CAPRIS (Pepe Sabín, J. M. Castro e Alfonso Fraga).

    Desde 1999 a dirección musical corre a cargo de Alfonso Fraga, único integrante da formación musical e membro fundador que continúa na orquestra.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook