Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os mexillóns de Cabo da Cruz chegan a Cutián

    Cesuras 2011 - Festas en Cutián - cartelA localidade de Cutián (Cesuras) acaba de cerrar as súas festas patronais. As orquestras ISMAEL e GRAN CANARIA foron as últimas en pasar polo campo da festa e deixar o listón ben alto para o ano que vén. Ademais contouse coa actuación de LUCÍA PÉREZ, que está amenizando moitas noites de festa por toda Galicia.

    As festas en Cutián comezaban o sábado coa actuación do grupo ASIRIA e o domingo tiña lugar a xa tradicional, porque vai pola terceira edición, ROMERÍA CAMPESTRE e unha degustación de mexillóns de Cabo da Cruz. Curiosamente os veciños de Cabo da Cruz celebraban tamén ese mesmo día a súa X Exaltación do Mexillón, con grande éxito de público.

    Os veciños de Cutián despiden as celebracións ata a vindeira temporada mentres os boirenses de Cabo da Cruz aínda poderán gozar dentro dunha semana das festas que terán lugar a poucos quilómetros de onde eles celebran a do Mexillón e as patronais do Carme no mes de xullo: En breve comezan as festas de San Ramón de Bealo, polo que Boiro seguirá de festas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook