Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os novos Trovadores

    orquesta-panama-2011-jonathan-enrique

    Jonathan Enrique Perdomo é a nova fichaxe na dianteira de Los Trovadores en substitución de Ferradás

    A orquestra coruñesa LOS TROVADORES non é moi dada a cambiar de compoñentes cada temporada, pero a de 2012 parece que vai fulminar todas as previsións de cambios e á formación musical caracterizada polo seu repertorio de baile tamén lle toca.

    Aínda que non son moitas en comparación co baile de fichaxes que se está dando na maioría de orquestras e grupos verbeneiros para 2012, en LOS TROVADORES hai novidades na dianteira e no cadro de músicos.

    En canto aos cantantes confírmase a baixa de José Manuel Ferradás que será substituído por Jonathan Enrique, procedente da orquestra PANAMÁ e que tamén formou parte doutras orquestras como VERSALLES. Se falamos dos músicos confirmamos a marcha dos dous saxos e o reforzo desta sección coa incursión dun terceiro, de forma que LOS TROVADORES pasan a ter seis metais. De momento a fichaxe nesta sección é a de Luis Felipe, procedente de OLYMPUS.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook