Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os romanos volven a Lugo

    Lugo 2013 - Arde Lucus MMXIII - cartelA cidade amurallada retrocede durante tres días dous mil anos no tempo e remomora a época dos romanos

    Os días 14, 15 e 16 de xuño, un fenómeno máxico apoderarase de novo de cada recuncho da cidade de Lugo, transformándoa por completo, enchéndoa de personaxes ancestrais que xa non deberían camiñar entre nós. Velaí está a maxia do Arde Lucus, en retroceder no tempo para gozar do noso legado cultural e histórico en primeira persoa. Mergúllate na vida de Lucus Augusti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia romana, e percorre o seu recinto amurallado, onde gozarás dun pasado máis vivo ca nunca.

    Espectáculos de cuádrigas, venda de escravos, sesións do senado, vodas celtas e romanas, batallas e desfiles dos lexionarios... todo está preparado para retroceder 2000 anos no tempo.

    Toda a información do ARDE LVCVS MMXIII: www.ardelucus.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook