Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os usuarios de Galicia en Festas proclaman o mellor afiche 2011

    orquesta-panorama-2011-concurso-mellor-afiche

    O cartel gañador da edición 2011 do concurso promovido por Galicia en Festas foi o da orquestra Panorama

    O concurso da páxina amiga Galicia en Festas para escoller o mellor cartel de orquestra 2011 chegou ao final cun claro gañador. O afiche da orquestra PANORAMA é para a maioría de usuarios da páxina GEF o mellor cartel promocional das orquestras galegas ou que traballan en Galicia.

    Un dos poucos carteis nos que non aparecen os compoñentes e inspirado nun filme de ficción é o gañador sobre outros nos que si se pode ver o plantel de compoñentes das diferentes orquestras. Os de PARÍS DE NOIA ou ACHÉ tamén foron moi votados. Seguen a estes os de ISMAEL (quizais un dos máis orixinais) e o de OLYMPUS.

    Desde Festa a Festa tamén seguimos de cerca este concurso. Os nosos candidatos desde o principio foron o de PARÍS DE NOIA e o do grupo D'MODA pola súa modernidade, colorido e a orixinal presentación de todos os seus compoñentes.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook