Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os viquingos volven a Catoira

    Catoira 2011 - Romaría Vikinga - cartel

    Os viquingos levan máis de medio século “atacando” a localidade de Catoira

    A localidade pontevedresa de Catoira celebra outro ano máis a súa Romaría Vikinga, que xa vai pola edición número 51, con diversos actos de todo tipo incluída a música de grupos como ATAQUE ESCAMPE e ULTRÄQÄNS, o festival de bandas de música, exposicións, teatro, regata de piragüismo e un logo etcétera, que xa comezaron  nos días previos pero que teñen como día central o domingo 7 de agosto.

    Cada primeiro domingo de agosto ten lugar nas Torres de Oeste de Catoira unha recreación do desembarco viquingo e defensa das Torres de Oeste, que se completa con outras moitas actividades e culmina con verbena. Esta vez tocarán as formacións MANILA e LIMÓN.

    Podes ver toda a información das festas na páxina web do concello de Catoira.

    catoira-romaria-vikinga-imaxe1

    Fonte: ADN A Coruña

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook