Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ourense: case de todo e pouca verbena

    Ourense 2011 - Festas Maiores - cartel

    Por segundo ano consecutivo o recorte de verbenas en Ourense co motivo das festas grandes da cidade (o Corpus) é un feito. Se o ano pasado só había dúas verbenas na Praza Maior, este ano aínda se reducen máis e o programa incluirá só unha, na rúa Progreso o sábado 25 a cargo da orquestra GRAN CANARIA.

    Polo demais, do día 20 ao 26 de xuño haberá diversidade de actos e actividades para todos os públicos e moitísima música e de todos os estilos (salvo a verbeneira, polo que se ve). Os principais concertos ofreceranos, entre outros, artistas como ANDRÉS CALAMARO, CELTAS CORTOS, JUAN MAGÁN e as artistas galegas e principais voces da nosa música, MERCEDES PEÓN e UXÍA.

    Os xardíns Bispo Cesáreo e a Alameda do Concello acollen por segundo ano consecutivo as atraccións de feira.

    Ourense 2011 - Festas Maiores - cartel concertos

    PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DE OURENSE

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook