Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ourense "esquece" as verbenas nas súas festas máis importantes

    Ourense 2013 - Festas patronais - cartel

    Non seremos nós os que vaiamos contra unha festa popular; todo o contrario, mais parece que nalgúns concellos esquecen o significado da expresión "festa popular", inherente ás "verbenas populares" desde tempos inmemoriais. En Ourense semella que "esqueceron" incluír este tipo de divertimento de gran tradición en Galicia, pois durante dez días de festa non hai verbenas nas celebracións grandes da cidade das burgas.

    Ao mellor tamén ten isto moito que ver con que as devanditas festas estean en caída libre en canto a asistencia de xente aos espectáculos. Tampouco axuda a que cada ano anden cambiando o lugar dalgunhas das actividades ou, tamén, anden de arriba para abaixo coas atraccións de feira (este ano volven estar no entorno do Barbaña) para enfado das familias que teñen a feira como medio de vida e veñen padecendo unha acusada baixada de ingresos nos últimos anos en Ourense.

    Non seremos nós, repito, os que vaiamos en contra dunhas festas nas que se ofrecen moitas actividades de todo tipo, concertos variados de diferentes estilos de música, teatro na rúa, etc... pero unha cousa non quita a outra, e parece que unhas festas non son festas sen os típicos bailes de rigor ou os espectáculos dalgunhas orquestras moi consideradas polo público asistente ás celebracións populares, que é ao final para quen se deseña unha festa.

    PROGRAMA COMPLETO FESTAS OURENSE 2013

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook