Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Outra Festa da Xuventude en Teo

    Panorama 2011 - orquesta - cartel Planet TourCartel promocional da xira de Panorama, Planet Tour 2011

    O concello de Teo, a poucos quilómetros de Compostela, volve estar de festa. De novo unha Festa da Xuventude atraerá a miles de persoas ao Concello. Esta vez será na parroquia de Teo e estarán tres grandes formacións musicais: PANORAMA, ACHÉ e o grupo CICLÓN. Tanto monta monta tanto, calquera das tres agrupacións moven mareas, e máis a comezos de temporada para ver as novidades.

    Aché 2011 - orquesta - cartelCartel da nova temporada da orquestra Aché

    Novas montaxes en calquera das tres bandas, e cambios nos repertorios, que pouco a pouco se van presentando.

    Haberá carpa e, coma sempre, unha pulpeira instalada fronte aos escenarios. En Oza, esta noite, moreas de festeiros divertiranse ao ritmo de PANORAMA, ACHÉ e CICLÓN. Festa e espectáculo asegurados.

    Grupo Ciclón - 2010 - 023 - RibeiraFotografía do grupo Ciclón tomada a temporada pasada nas festas de Ribeira / © Foto: roxegar 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook