Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Padrón continúa de festa...

    Los Trovadores 2010 - orquesta - cartelA orquestra Los Trovadores amenizará a Festa da Tortilla Xigante de Carcacía (Padrón)

    Despois da Pascua, Padrón prepárase para unha nova festa. Moito máis curta, de só un día, na parroquia de Carcacía, o día 17 (martes) os padroneses gozarán dunha nova edición da Festa da Tortilla Xigante.

    No ano 1987 uns cantos veciños do lugar propuxéronse facer algo co que dar a coñecer a Carcacía. E fabricaron unha tixola xigante, de case tres metros de diámetro, co fin de elaborar unha tortilla de patacas que fose a máis grande do mundo. A idea converteuse nun éxito e a celebración gastronómica saíu en todos os medios de comunicación e mesmo fixo que Carcacia figurase  Libro Guinnes dos records.  Hoxe a Festa da Tortilla Xigante está plenamente consolidada e a ela acoden miles de personas de todas partes.

    No apartado musical, a orquestra encargada de amenizar a sesión de día e a verbena será a coruñesa LOS TROVADORES. En Padrón continúa a festa despois da Pascua.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook