Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Padrón rebenta coa Pascua 2011

    Padrón 2011 - Pascua - cartel

    Padrón 2011 - Pascua - cartel orquestras grande

    Padrón 2011 - Pascua - cartel orquestras pascuilla

    Ata un total de 14 orquestras de dúas axencias de espectáculos actuarán este ano na Pascua de Padrón

    Por fin chegou a Pascua a Padrón. Desde hoxe sábado ata o domingo 1 de maio a vila rosaliana ofrecerá unha multitude de actividades lúdico-festivas: atraccións de feira situadas no campo do Souto e Paseo do Espolón, orquestras (ata o martes 25 agrupacións musicais da axencia de Espectáculos Lito, incluídas pesos pesados para o martes de Pascua; PARÍS DE NOIA e PANORAMA, e como vén sendo habitual formacións que actuarán na súa vila: ATENAS e CHARLESTON BIG BAND, que abren hoxe as verbenas. Para a Pascuílla, como novidades, orquestras de Sito Mariño Espectáculos, entre elas LOS SATÉLITES e LOS TROVADORES; en total 14 formacións musicais de verbena), fogos artificiais, polbeiras, mercado, mostras de artesanía e agrarias, demostracións equinas, deportes, festival de música (IV Festival do Sar), Festival de bandas e outras actuacións musicais como a de Johnny Vergara o domingo 24 e mais o luns 25 de abril ás 23.oo horas na praza de Macías, etc...

    As atraccións de feira abertas xa nestes días festivos anuncian o comezo da Pascua. Catro días de celebración contínua ata o martes e outros tres días na próxima fin de semana.

    Padrón acolle as dúas fins de semana de máis aglomeración de xente na vila con multitude de actos. Só falta esperar a que o tempo acompañe. Boa Pascua de Padrón!

    padron-2011-pascua-cartel-1

    padron-2011-pascua-cartel-14

    padron-2011-pascua-cartel-2padron-2011-pascua-cartel-3

    padron-2011-pascua-cartel-4

    padron-2011-pascua-cartel-5

    padron-2011-pascua-cartel-6

    padron-2011-pascua-cartel-7

    padron-2011-pascua-cartel-8

    padron-2011-pascua-cartel-9

    padron-2011-pascua-cartel-10

    padron-2011-pascua-cartel-11

    padron-2011-pascua-cartel-12

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook