Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Padrón rebenta coa Pascua 2012

    Padrón 2012 - Pascua - cartelCartel promocional das festas da Pascua de Padrón, que levan como motivo principal a roda de cabaliños instalada permanentemente no Souto padronés desde hai xa un par de décadas

    Por fin chegou a Pascua a Padrón. Desde hoxe sábado ata o domingo 15 de abril a vila rosaliana ofrecerá unha multitude de actividades lúdico-festivas: atraccións de feira situadas no campo do Souto e Paseo do Espolón, orquestras (ata 14 agrupacións musicais da axencia de espectáculos Representaciones Lito, incluídas pesos pesados como OLYMPUS, PARÍS DE NOIA, PANORAMA ou CHARLESTON BIG BAND que abre a Pascua esta noite actuando na casa), fogos artificiais, polbeiras, mercado, mostras de artesanía e agrarias, demostracións equinas, deportes, bandas de música e outras variadas actuacións compoñen o groso do programa 2012 das festas máis importantes de Padrón e comarca.

    Padrón 2012 - Pascua - cartel orquestrasCatorce orquestras e grupos dos considerados mellores da axencia Representaciones Lito conforman o programa verbeneiro da Pascua 2012 en Padrón

    Atracción de feira da pasada temporada nas festas de Pascua de Padrón

    As atraccións de feira abertas xa nestes días festivos previos anuncian o comezo da Pascua. Catro días de celebración continua ata o martes e outros tres días na próxima fin de semana (a pascuílla).

    Padrón acolle as dúas fins de semana de máis aglomeración de xente na vila con multitude de actos. Só falta esperar a que o tempo acompañe. Boa Pascua de Padrón!

    Podes consultar o programa completo da Pascua padronesa neste enlace dos compañeiros e amigos de Galicia en Festas:

    PROGRAMA DA PASCUA DE PADRÓN

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook