Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Padrón: unha feira medieval que vai a máis

    padron-2010-feira-medieval-cartel-pequeno

    Padrón celebra un ano máis a súa feira medieval, que xa desde o ano pasado se adianta unha semana para afastala un pouco das festas do Santiaguiño do Monte que terán lugar do 23 ao 25 de xullo e das que falaremos dentro duns días porque serán unhas datas a ter en conta para os amantes do folk galego de primeira fila, con LÚNASA, MILLADOIRO, ROSA CEDRÓN e FÍA NA ROCA como artistas convidados.

    Pero non adiantemos acontecementos e falemos do que nos toca hoxe: a Feira Medieval de Padrón que terá lugar entre hoxe venres e o vindeiro domingo.

    O venres levarase a cabo o desfile inaugural, pregón e espectáculos de bufóns e malabaristas.

    O sábado o mercado permanecerá aberto de 12:00 horas ata a medianoite e haberá ademais animación nas rúas, exhibición de cetraría, teatro, a decapitación dun ladrón na praza da vila ou un espectáculo nocturno entre outras actividades. Tamén se levará a cabo un torneo medieval.

    Domingo: espectáculo de lume e mais o pasacalles sobre as once da noite despedirán esta edición da feira medieval padronesa.

    A música de ambiente e os postos de artesanía e de alimentación completarán o programa festivo de 2010.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook