Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Paiosaco plántalle cara a Carballo

    ORQUESTA panorama 2011 - Abanqueiro (Boiro) - 001A orquestra Panorama, acompañada dun grupo musical, cerra as celebracións do Sacramento en Paiosaco (A Laracha), un día antes, a poucos quilómetros, en Carballo, é a Philadelphia a que cerra o San Xoán na capital de Bergantiños / © Foto: roxegar 2011

    As festas máis importantes de Carballo seguen o seu curso, con orquestras de renome como LOS PLAYER'S, EL COMBO DOMINICANO ou ACHÉ (as dúas últimas actúan hoxe día 24), MARBELLA (25) ou PHILADELPHIA (que cerra as celebracións o día 26). Tamén haberá un concerto a cargo da artista CHENOA programado para mañá día 25, no descanso dos amigos da MARBELLA.

    E en Paiosaco (A Laracha), a poucos quilómetros, este ano coincidiulles co San Xoán a festa grande da localidade, o Sacramento (que se celebra sempre na fin de semana do Corpus). Como este ano San Xoán, San Pedro e o Corpus celebran as súas festas na mesma fin de semana, os de Paiosaco teñen que asumir que as festas carballesas poden restar afluencia ás súas por seren unhas celebracións moi populares en todo Bergantiños e nos concellos limítrofes, por iso o programa de Paiosaco non se queda atrás e trae algunhas das consideradas mellores orquestras do momento.

    Xa sempre hai algunha das "galácticas" no programa de Paiosaco, e este ano ao coincidir co San Xoán houbo que poñer todo o empeño para ofrecer unhas festas de calidade.

    O día 25 actuará a orquestra ESTRELLAMAR, o día 26 será a vez do grupo MIDAS e da orquestra OLYMPUS coa súa xira AÚN MÁS GRANDE, que competirán coa PHILADELPHIA en Carballo. E o luns, xornada na que non hai verbenas no san Xoán, chega a Paiosaco o PLANET TOUR 2011 da orquestra PANORAMA, e por se fose pouco, a formación musical estará acompañada por outro grupo.

    Paiosaco celebrará, por todo o alto un ano máis, a súa festa do Sacramento. E como o calendario é así de caprichoso, para a próxima fin de semana haberá de novo verbenas no campo da feira de Paiosaco, porque é a Festa das Cereixas que a localidade celebra cada primeira fin de semana do mes de xullo. Será por festas en Paiosaco...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook