Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Palmeira está de festas ata o domingo

    Orquesta Olympus 2012 - Montadores - 01A orquestra Olympus, acompañada por Odisea, abre as festas de Palmeira, en Ribeira

    A localidade de Palmeira, en Ribeira, está de celebracións ata o próximo domingo. Tradicionalmente as festas tiñan lugar en agosto e, case todos os anos, tamén había celebración con orquestra polo San Xoán. Pero a crise fixo que houbese que decidir entre celebrar as festas máis grandes da vila polo San Xoán ou en agosto, despois das de Ribeira, coincidindo case todos os anos con Corrubedo.

    E a decisión foi potenciar as celebracións de San Xoán e deixar as do verán para tempos mellores. Por iso hoxe en Palmeira soarán ritmos festeiros da man da orquestra ODISEA, abrindo os festexos, e a orquestra OLYMPUS, co seu espectáculo Burlesque.

    O sábado tamén haberá verbena, neste caso a cargo de SUAVECITO, acompañada polo grupo THE COVERS BAND. E para rematar o domingo, en canto a música se refire, cerra a orquestra IMPACTO e tamén haberá música por parte dunha discoteca móbil.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook