Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama aposta por Facebook

    Orquesta Panorama 2011Dunia Santana, unha das dúas vocalistas da orquestra Panorama  / © Foto: roxegar 2011

    A orquestra PANORAMA quere estar presente en primeira liña das bandas verbeneiras galegas en todos os aspectos que teñan que ver coas festas populares, e isto tamén inclúe a presenza nas redes sociais. Así, unha das orquestras de máis sona do momento acaba de informar sobre a incorporación dun novo equipo para a súa conta de Facebook. Tres persoas, unha delas compoñente da orquestra, levarán a conta nesta rede social e intentarán tela actualizada ao máximo, con toda a información das verbenas, horarios, itinerarios e outras noticias e contidos de interese que teñan que ver coa formación musical.

    Coa incorporación dun membro da orquestra, PANORAMA quere ter unha presenza fiable naqueles soportes onde estea presente e dar información de primeira man de todo o que teña que ver coa banda.

    Facebook Orquesta Panorama, punto de encontro actualizado para todos os seguidores da formación musical.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook