Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama e La Oca cerran hoxe as festas de Santa Cruz en Castrelo

    Orquesta Panorama - 2011 - 0047 - Festa de Fans en Caldas de Reis

    Compoñentes da orquestra Panorama na Festa de Fans 2011 / © Foto: roxegar 2011

    Na parroquia de Castrelo, concello de Cambados, cerran hoxe tres días de celebración das festas de Santa Cruz. E fano por todo o alto: o grupo LA OCA e a orquestra PANORAMA amenizarán a última sesión verbeneira por este ano.

    Música e espectáculo asegurados. Cada unha no seu estilo, hoxe por hoxe son as dúas formacións que máis xogan coa música, o espectáculo e a posta en escena. Aínda que LA OCA ofrece un repertorio máis bailable que o de PANORAMA, non está exento de postas en escena curiosas onde mesmo hai sitio para acrobacias sen descoidar a parte musical. Os amigos do grupo de Sanxenxo sempre traen algún tema de exhibición vocal ou musical para deleitar o público.

    PANORAMA chega co seu espectáculo grandioso PLANET TOUR 2011 aínda que coa baixa de Alexandre Jurado por lesión. Os compoñentes da orquestra farán todo o posible para contrarrestar a falta de Jurado. Recursos non lles faltan e de seguro que farán boa festa unha noite máis.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook