Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama e Philadelphia en Abegondo

    Abegondo - Festa da Xuventude 2010 - cartel pequeno

    Mabegondo converterase hoxe venres na capital da xuventude da área metropolitana. A Festa da Xuventude que organiza o Concello de Abegondo congregará na explanada da Cidade Deportiva entre 2.000 e 3.000 persoas, que celebrarán a noite con música e regalos.

    Nesta edición, o Concello logrou involucrar na organización o Xacobeo 2010, que patrocina o evento. O goberno local apunta que a cita se converteu nun referente, á que asistirán mozos e mozas de toda a comarca, polo que agradece a participación activa do Xacobeo.

    A Festa da Xuventude comezará a partir das 23.00 horas e prolongarase ata as 5.00 horas. A música correrá a cargo de dúas orquestras referentes: PANORAMA e PHILADELPHIA. No recinto haberá instalados diferentes postos de hostelería.

    Outro dos momentos más esperados será o sorteo de agasallos. Os mozos e mozas de Abegondo contan cunha rifa que lles foi enviada por correo postal, polo que poderán ser agraciados con algúns dos premios, consistentes nunha viaxe a Tenerife para dúas persoas, dúas estancias de fin de semana en Sanxenxo para 6 persoas, un ordenador portátil, un reprodutor multimedia e unha camiseta do Deportivo asinada polos xogadores.

    Para facilitar a asistencia segura ao evento, o Concello disporá de buses de carácter gratuíto que sairán de varios puntos do municipio con destino a Mabegondo. Os autobuses comezarán o percorrido ás 22.30 horas e regresarán ás 5.00 horas, ao remate da festa.

    Abegondo Festa da Xuventude 2010 cartel

    abegondo-festa-da-xuventude-2010-itinerario-buses

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook