Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Diciembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama por partida tripla

    Orquesta Panorama 2012 - Felicitación Nadal

    No mundo das orquestras hoxe é un día de moito traballo, con multitude de galas e festas de fin de ano. E aínda que desta vez hai menos citas festeiras, se hoxe vai brillar con luz propia algunha orquestra esa é a PANORAMA. A formación musical caldesa ofrecerá hoxe o seu espectáculo por partida tripla. Dunha banda será a protagonista tras as campanadas de Telecinco, en hora de máxima audiencia, onde ofrecerá o seu espectáculo comprimido en poucos minutos e adaptado ao plató televisivo.

    Sen dúbida será unha gran promoción a nivel estatal para darse a coñecer fóra da nosa terra. A orquestra gravou hai varias semanas un popurrí onde tamén se verán algunhas acrobacias que forman parte do seu repertorio habitual.

    Pero se o que queremos é gozar de varios temas da orquestra teremos que sintonizar a TVG. No programa de fin de ano da canle autonómica tamén aparecerá a orquestra PANORAMA interpretando catro temas do seu repertorio que se clausurará hoxe. O programa presentado, como é habitual, por Xosé Manuel Gayoso tamén traerá máis actuacións de orquestras galegas.

    Se aínda así non nos chega e queremos gozar da orquestra en directo tamén será posible esta noite. No campo de fútbol do Cesantes, no lugar do Viso, Redondela a formación musical ofrecerá a súa última actuación en directo, baixo carpa, ata altas horas da madrugada. Co seu paso por terras de Redondela a banda de Lito da por rematada a súa campaña 2012 Magic Tour, La gira del Sol.

    Haberá que agardar ata marzo para volver a ver unha das orquestras máis mediáticas do momento. Serán novos números, nova montaxe, repertorio actualizado e esa chispa que fai de PANORAMA unha orquestra diferente.

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 55

    Podes consultar toda a información sobre a última actuación da orquestra PANORAMA no seu Facebook oficial

    Redondela 2012 - A Teixeira - O Viso - Festa de Fin de Ano

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook