Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Para botarlle un bo polbo

    orquesta-los-players-2010-cartel-pequenoA orquestra Los Player's ameniza esta noite a festa do Polbo en Mugardos, unha das máis importantes citas gastronómicas en Galicia

    Do mellor, do noso. Hoxe sábado celébrase a famosa Festa do Polbo en Mugardos, unha das citas gastronómicas de máis sona que ten que ver co produto da terra.

    A charanga TNT será a encargada de ofrecer a música durante a degustación do cefalópodo. Pola noite, música verbeneira a cargo da orquestra LOS PLAYER'S. Temas de exhibición vocal e moita música de baile sen descoidar outros estilos como o rock, pop, etc... repertorio moderno onde priman os temas para non deixar de bailar e onde se poderá gozar dunha das mellores voces do panorama orquesteiro actual: Gerson Galván.

    Cunha festa coma esta, hoxe é unha boa oportunidade para visitar a localidade de Mugardos; polbo do mellor e música de primeira.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook