Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Para botarlle un par de... bailes

    Dozón 2011 - Festa do Ovo no Sisto - cartel

    Na parroquia do Sisto, no concello de Dozón, téñenos ben postos, os ovos, si, para facer a primeira Festa do Ovo do Sisto. A xornada do venres serve para exaltar este produto en diferentes pratos e acompañado doutras propostas culinarias, aínda que non será o único que nos ofrecen xa que tamén haberá música de charanga. Pero quen queira música de orquestra terá que agardar ata a xornada do domingo.

    E a espera ben pagará a pena porque o cartel musical do Sisto consta de dúas orquestras de primeira liña: ACHÉ e GRAN PARADA, nada menos, que amenizarán a xornada musical deste ano.

    Esperemos que a nova proposta gastronómica sexa ben acollida e poidamos seguir gozando dela nas próximas edicións. É un complemento máis á festa relixiosa dedicada a San Xoán, que terá lugar o domingo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook