Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Para saber todo sobre Verbenalia

    Vigo 2012 - Verbenalia - cartelTODA A INFORMACIÓN SOBRE VERBENALIA

    Que é Verbenalia?

    Verbenalia é o festival coas mellores orquestras de Galicia. Celébrase no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) os días 26, 27, 28 e 29 de abril de 2012.

     Como chego a Verbenalia?

    O recinto feiral do IFEVI de Vigo está situado fronte ó aeroporto de Peinador. Ten acceso directo desde a autopista A-9 (enlace Rande-Puxeiros). Tes un mapa dinámico na nosa páxina web: www.verbenalia.org

     Existe aparcamento propio?

    Por suposto. Verbenalia pon ao teu dispor 2.700 prazas de aparcamento gratuito no Instituto Feiral de Vigo. E outras 2.500 prazas de aparcamento no parking do aeroporto de Peinador.

     Existen autobuses lanzadeira?

    A organización de Verbenalia está a preparar un servizo de autobuses desde o centro da cidade.

     Quen organiza Verbenalia?

    Verbenalia está organizado por Oíde Events e Espectáculos Lito, coa colaboración do Concello de Vigo.

    Pasarei frío ou calor en Verbenalia?

    Iso dependerá de ti. Nós ofrecémosche un recinto de case dez mil metros cadrados baixo cuberto e perfectamente climatizado. E, por suposto, non: Non choverá en Verbenalia porque é imposible.

     Os fumadores poderemos fumar?

    Se non o tiñas pensado antes, non te preocupes: Non tes que deixar de fumar por vir a Verbenalia. Os fumadores poderán fumar nas carpas habilitadas ao efecto, situadas en saídas inmediatas ao recinto de Verbenalia. E, se pensas deixalo, recorda que, co que pagas por un paquete de tabaco, compras unha entrada de Verbenalia, e máis sano e aínda che sobran cartos.

     Onde merco as entradas?

    As entradas poden comprarse nas taquillas do IFEVI ou en www.ticketmaster.es, nas oficinas de Halcón Viajes e en Novagalicia Banco (https://entradas.novagaliciabanco.es), NGB envíache as entradas á sucursal que ti elixas.

     Existe un abono de catro días?

    Non. Non existen abonos de catro días, pero poden comprarse as catro entradas anticipadas ou nas taquillas do IFEVI para os días seguintes.

     Que horario ten Verbenalia?

    Verbenalia abre as súas portas desde as 17.00 horas. Os concertos comezan ás 20.30 horas. Cada orquestra participante fai dous pases dunha hora. A festa remata de madrugada, pero ti elixes qué queres ver.

     Levan as orquestras os seus propios escenarios?

    Por suposto. Verbenalia é o maior espectáculo de luz e son nunca visto en Galicia nun recinto cuberto. Cada unha das catro orquestras instala o seu escenario ao completo (o que non pode facer en moitas festas por falta de espazo). Os escenarios están dispostos en forma de “U”. Cando remata un pase unha orquestra, comeza outra.

     Fan as orquestras un espectáculo reducido en Verbenalia?

    Non. As mellores orquestras de Galicia traen a Verbenalia todo o seu desplegue de medios e espectáculo. É en Verbenalia onde podes ver as últimas novidades de Panorama, París de Noia, Olympus, Philadelphia, Cinema, etc…

     Hai pantallas e presentadores en Verbenalia?

    Verbenalia contará con pantallas para seguir os detalles das actuacións. Ademais, contamos con dúas presentadoras de luxo, Teté Delgado e Yolanda Vázquez. O xoves, 26 de abril, o noso animador será o actor Carlos Blanco.

     Podo levar aos cativos?

    Podes. Os menores de cinco anos entran en Verbenalia de balde. Ademais, contamos cun área recreativa gratuíta de máis de mil metros cadrados con inchables para os nenos.

     A qué idades vai dirixido Verbenalia?

    A todas. Poden vir desde os máis cativos, con área recreativa infantil propia, ata os maiores de 99 anos. Hai música e espectáculo para todos, porque temos ás mellores orquestras para bailar, escoitar, divertirse e disfrutar dun espectáculo para todos os públicos.

     Podo asistir á “sesión vermú”do domingo?

    Só podes se pertences a unha comisión de festas. A sesión vermú do domingo é unha homenaxe ás comisións de festas de Galicia. As que queiran asistir, deben enviar un correo cos seus datos a verbenalia@verbenalia.org  Reservaránselle invitacións gratuítas. Ademais, se sortearán 100 lotes, cada un deles cun xamón, 3 cds de Verbenalia, camisetas e gorras. E un premio especial da actuación dunha das orquestras de Verbenalia na túa vila, gratis.

     Hai para comer e beber en Verbenalia?

    Hai. Nos bares e barras repartidos por todo o recinto de Verbenalia podes comer e beber cunha completa oferta gastronómica, durante todas as horas de cada xornada.

     Como pode Verbenalia axudarme a ligar este verán?

    Se contando o que viviches en Verbenalia non ligas, podes mercar unha das nosas camisetas “Verbenalia: A verbena indoor”, con deseño do artista Víctor Coyote. Vai ser o máis “cool” do verán, así que, se non ligas,o problema xa é teu.

     Como podo recordar Verbenalia cando remate?

    Pechando os ollos? É unha fórmula. Outra é mercar o noso disco: “Verbenalia”, un CD cos mellores temas das mellores orquestras de Galicia para escoitar en casa, no coche, no móvil, na praia…

     Podo perderme Verbenalia?

    Podes. Pero logo non te queixes cando che conten o que te perdiches.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook