Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Pardiñas, música folk e moito máis

    Guitiriz 2011 - Festival de Pardiñas - cartel

    Xunto con Zas é outra das grandes citas coa música folk pero, a diferenza do primeiro, en Pardiñas haberá dúas xornadas cargadas de actuacións. O festival de Guitiriz está xa máis que consolidado a base de ofrecer ano tras ano carteis musicais de primeirísima liña, e este ano non ía ser menos.

    Ademais, o festival complétase con diversas actividades como a Mostra de instrumentos de música tradicional. Un ano máis a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), achégase ata o Festival de Pardiñas para organizar a que será a XVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional. Un evento que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público. Séguese apostando pola música e polo baile tradicional a través de actuacións en directo, obradoiros e a sempre estimada participación do público presente.

    Durante as xornadas do 6 e 7 de agosto, e no marco incomparable do Festival de Pardiñas, a XVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional contará cun programa repleto de actividades.

    E dentro do marco do Festival, tamén se levará a cabo a XXXII Mostra de Artesanía e a tradicional Carreira Popular.

    Guitiriz 2011 - Festival de Pardiñas - programa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook