Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    París de Noia: gala por todo o alto

    Orquesta París de Noia 2011 - 005 - Abanqueiro (Boiro)

    Varios compoñentes da orquestra París de Noia 2011 / © fotos: roxegar 2011

    A orquestra PARÍS DE NOIA será a encargada de abrir a Festa do Viño do Salnés en Barrantes o próximo venres, no concello de Ribadumia. Pero esta vez non vén soa nin moito menos. A formación musical máis famosa de Noia celebra no mesmo lugar onde o fixera o ano pasado, unha gala para conmemorar estes máis de cincuenta e tantos anos de música.

    O dúo K-NARIAS, o grupo MELOCOS e a cantante TAMARA acompañarán a afamada orquestra nunha noite moi especial, porque non se cumpren anos todos os días, e menos no caso dunha orquestra en tempos nos que só as mellores poden resistir o enviste dunha grave crise que reduce o número de verbenas por todos os concellos.

    Pero a PARÍS é a PARÍS e outro ano máis pode presumir de estrear un impresionante escenario, novas montaxes e incluso ampliar a dianteira cun cantante a maiores. Unha das orquestras mellor valoradas polo público disposta a seguir, polo menos outro medio século a pé de escenario.

    París de Noia 2011 - 004 - Abanqueiro (Boiro)

    Orquesta París de Noia 2011 - 012 - Abanqueiro (Boiro)

    Dúas fotografías de Vanesa Ramil, unha das dúas novas incorporacións na dianteira de París de Noia / © fotos roxegar 2011

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook