Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Noviembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    París de Noia imponse á competencia

    Orquesta París de Noia - Mellor orquestra de Galicia 2012

    Hai uns días dábamos a coñecer a orquestra gañadora do concurso Mellor Orquestra de Galicia 2012 no que os seguidores e usuarios das principais plataformas e páxinas dixitais de orquestras de Galicia (Festa a Festa, Galicia en Festas, Orquestas Santos e Pasión Orquestas) decidiron cos seus votos a que consideraron mellor formación musical do momento nas nosas festas.

    E o resultado final foi toda unha sorpresa, non pola gañadora, sobradamente coñecida e popular nos campos da festa, senón porque desde a primeira fase do concurso era outra banda, a orquestra PANORAMA, a favorita con rotunda claridade (chegou a levar o 33% dos votos totais na fase I). Así pois, foi nas dúas últimas fases cando a cousa comezou a cambiar: o grupo CLAXXON fíxose cos primeiros postos, o mesmo que a orquestra padronesa CHARLESTON BIG BAND, ao tempo que OLYMPUS cedía posicións.

    Tal como quedou o concurso, a orquestra PARÍS DE NOIA conseguiu o primeiro posto da clasificación relegando a un segundo posto a PANORAMA. A terceira posición do ránking tamén foi toda unha sorpresa, pois a orquestra CHARLESTON BIG BAND foi subindo paulatinamente ata acadar o posto de bronce. Como xa dixemos, a gran revelación do ano, o grupo CLAXXON, viu recoñecido o seu traballo na cuarta posición do concurso, o que é todo un mérito nunha banda que ten só meses de vida.

    E no quinto posto irrompeu outra das veteranas, desde A Coruña, LOS SATÉLITES asoman tamén nos primeiros postos da clasificación, posto que non acadaron ata a última fase do concurso. Pola súa banda, OLYMPUS quedou nun meritorio sexto posto despois de acariciar as primeiras posicións durante as outras fases.

    O concurso caracterizouse pola gran participación acadada e pretendeu ser non máis que unha pequena mostra dos gustos dun sector importante de verbeneiros en Galicia ao mesmo tempo que un apoio ás nosas orquestras e grupos sen esquecer que isto é, simplemente, un concurso sen intención de formar revanchismos nin menosprezar o traballo de todas e cada unha das bandas verbeneiras das nosas festas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook