Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Pascua por todo o alto en Padrón

    Padrón 2013 - Pascua - cartel

    Aínda que desde o pasado domingo xa funcionan as atraccións de feira en Padrón e durante a semana houbo algunhas actividades festivas e lúdicas, comeza oficialmente hoxe o programa propiamente dito da Pascua coas actuacións programadas ata o vindeiro domingo de Pascuílla. Quince orquestras e música de grupos e charangas completan o programa musical para unha das festas máis concorridas da comarca e a primeira gran feira de Galicia.

    Dúas orquestras ou grupos actuarán sábado, domingo, e luns de Pascua, o martes, e por último o sábado e domingo de Pascuílla. Como novidade, o venres de Pascuílla serán tres as orquestras que ofrecerán os seus repertorios en Padrón. No Paseo do Espolón e na praza de Fondo de Vila todos os días, e a terceira orquestra que actuará o venres farao na zona lateral do campo de fútbol onde se instalan os karts.

    Feira de maquinaria, mercado, todo o que ten que ver co mundo do cabalo na importante feira cabalar, fogos artificiais, atraccións, carreiras populares, actuacións musicais e moitas actividades máis serán sufragadas cos máis de 100.000 euros destinados para unhas festas de Pascua que seguirán sendo referente en Galicia.

    Padrón 2013 - Pascua - cartel orquestras Padrón 2013 - Pascua - cartel carreira popular Padrón 2013 - Pascua - cartel feira cabalar Padrón 2013 - Pascua - cartel festival DJ

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook