Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Philadelphia abre as festas da Ascensión compostelás

    Santiago de Compostela 2011 - Ascensión - cartelCartel promocional das festas da Ascensión en Santiago de Compostela

    Hoxe comezan as festas da Ascensión en Santiago de Compostela; a carballeira de Santa Susana e a Alameda acollen as atraccións de feira xa tradicionais nas festas compostelás. Mañá é día festivo na capital galega e hoxe haberá festa ata altas horas. A encargada de amenizar a primeira verbena será a recoñecida orquestra PHILADELPHIA.

    Publicamos o programa para a primeira noite de festa e cada día poñeremos os eventos máis importantes que levarán a festa á cidade ata a noite do domingo. As da Ascensión son a antesala das festas grandes compostelás, o Apóstolo; pero con ser bastantes días menos de troula hai moitas actividades e de todo tipo. Santiago estala en festas durante cinco días...

    Para hoxe mércores: charangas, comparsas de cabezudos, concerto de DIELAS e NOVEDADES CARMINHA, outro concerto a media noite na praza do Toural e verbena coa citada orquestra PHILADELPHIA.

    santiago-de-compostela-2011-ascension-cartel_pagina_02

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook