Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Poio e Calo cerran hoxe as potentes festas de San Xoán

    Poio 2013 - Festas patronais do San Xoán - cartel

    Aínda que con recortes, as festas de San Xoán en Poio e na localidade de Calo, no concello coruñés de Teo, seguen sendo moi potentes. Máis que en calidade, as celebracións recórtanse en duración. Se en Calo, o día da sardiñada había tradicionalmente música, este ano as verbenas concéntranse en tres días. En Poio, pola súa banda, rematan hoxe as festas despois de catro días de verbenas e cinco de celebracións.

    COSTA OESTE e SINTONÍA DE VIGO poñerán o broche final no concello pontevedrés na última xornada festiva na que tamén haberá a tradicional tirada de fogos de artificio. En Calo, serán as orquestras MARBELLA e PANORAMA as encargadas de cerrar as festividades de San Xoán, referencia en toda a zona. As afamadas orquestras volverán a cerrar festas en Boiro dentro de exactamente dúas semanas.

    AMERIKAN TOP, ESTRELLAMAR, LA BÁMBOLA, MARBELLA, PANORAMA e MANILA foron as encargadas de amenizar as festas de Poio xunto coas que actúan esta noite. En Calo, ACHÉ, AMÉRICA SL, PARÍS DE NOIA con nova montaxe e o grupo ALKAR actuaron estas dúas pasadas xornadas na localidade teense que hoxe volverá a encher o campo da festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook