Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ponteareas exhibe as súas alfombras máis internacionais

    Orquesta París de Noia 2011 - 005 - Abanqueiro (Boiro)A orquestra París de Noia cerrará, un ano máis, as festas do Corpus de Ponteareas. Tamén actuará outro día a orquestra Miramar, que tamén repite nas festas da vila / © Foto: orquestra París de Noia, roxegar 2011

    O concello de Ponteareas xa empezou un ano máis as súas festas do Corpus Christi. Desde a edición 2009, estas celebracións foron declaradas Festa de Interese Turístico Internacional.

    Para esta nova edición hai preparada toda unha serie de actividades entre as que priman as relixiosas (misas, procesións e a confección das famosísimas alfombras florais) e as musicais. Pero tamén haberá competicións deportivas e un desfile de carrozas (domingo).

    Para as verbenas non hai complicación e bótase man de formacións coñecidas na vila, por iso repiten de novo as orquestras MIRAMAR e PARÍS DE NOIA (que cerra o luns -festivo local- as celabracións).

    Na páxina web do Concello (enlace no principio desta entrada) tes todo o programa de actos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook