Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Pontedeume celebra as súas festas grandes

    Pontedeume 2011 - Festas das Peras - cartelA localidade de Pontedeume está de festas ata o próximo domingo. Un cartel de calidade, tal como vén sendo habitual, con orquestras de recoñecido prestixio para poñerlle música a unha celebración moi arraigada na comarca. As cucañas, os fogos artificiais, verbenas e moitas outras actividades xa tradicionais, terán lugar ata o vindeiro domingo.

    As atraccións situadas no porto de Pontedeume, como xa é habitual desde hai dez anos, póñenlles cor a unhas festas que ademais de música traen múltiples actos festivos: saída de momaros e cabezudos, concurso de froitas, competicións deportivas, xogos malabaristas, degustación popular, etc.

    En canto ás formacións musicais, á parte do concerto de LOS NIÑOS MUTANTES e a actuación das CANTAREIRAS DE ARDEBULLO co Baile de Ardebullo, pasarán pola vila dos Andrade as orquestras FOLIADA, PARÍS DE NOIA, OLYMPUS, EL COMBO DOMINICANO e ALARMA. Tamén destacamos que a elaboración artística do cartel leva nome propio do concello ao estar feito por unha rapaza de Pontedeume. A vila mergúllase nos días máis importantes do ano, ata o próximo domingo.

    Programación As Festas das Peras 2011

    7 setembro 09:00 Alborada e foguetes 12:00 Saida Momaros e cabezudos cos gaiteiros 19:00 Ofrenda floral á Virxen das Virtudes 20:30 Pregón 21:00 Pregón Escola de Música " Charamela " 21:00 1º Semifinal torneo de futbol sala das AA/VV 22:00 2ª Semifinal torneo de futbol sala das AA/VV 23:00-0:30 Actuación da orquestra FOLIADA na praza do Mercado 0:30-1:00 Descanso Verbena 1:00-2:00 2º Pase da Orquestra FOLIADA 2:00-3:30 ACTUACIÓN: LOS NIÑOS MUTANTES

    8 setembro 09:00 Alborada e foguetes 10:30 Saida Momaros e cabezudos cos gaiteiros 11:30 Misa e Procesión, ca Banda de Música CHARAMELA 12:30 Mómaros e Pasarrúas 13:00 Cucaña Marítima e queima do Galán 17:00 Ximncana Ciclista (nenos + 5 anos Xardín de Lombardeiro) 18:30 Exhibición Judo na pista polideportiva "Parque Sarmiento" 19:00 Baloncesto Feminino Junior 19:00 Pasarrúas Charanga "Os Charangos" 19:00 Futbol campo Esteiro: Eume - R.C. Deportivo B 19:30 Exhibición Ximnasia Rítmica co grupo "Acordes" Parque Sarmiento 20:00 Actuación do Mago Cayetano Lledó na Casa da Cultura 21:00 Actuación Teatro Arjé. Lombardero 23:00-1:001º Pase Verbena na Praza do Mercado ca Orquestra PARÍS DE NOIA 1:00-1:45 Descanso 1:45-3:30 2º Pase de Orquestra PARÍS DE NOIA

    9 setembro 9:00-10:15 Recepción dos concursantes 09:00 Concurso de Froitas (premio a todos os participantes) 10:30 Presentación do concurso 11:00 Saida Momaros e cabezudos cos gaiteiros 11:00 Final do Torneo de Tenis Alevín e Infantil 12:00 Sorteo e entrega de premios 12:30 Degustación Popular. Actuará Orballo (baile e gaiteiros) 18:00 Cronoescalada a Breamo 20:00 Alegre Intermezzo Casa da Cultura 21:00 Pasarruas Gaiteiros 21:30 Final Torneo de Futbol Sala das AA/VV 23:00-0:45 Verbena na Praza do Conde ca Orquestra OLYMPUS 1º Pase 0:45-2:00 Actuación "O Baile de Ardebullo" 2:00-3:30 2º Pase da Orquestra OLYMPUS

    10 setembro 09:00 Alborada e foguetes 11:00 Saida Momaros e cabezudos cos gaiteiros 12:00 Misa solemne e procesión honra de San Nicolás de Tolentiño, bendición dos Bolos. 12:00 Actuación da Banda de Música Charamela na Procesión 17:30 Travesía a Nado "Festas das Peras" (Tralo hotel) 19:00 Balonman Pontedeume VS Oar Ciudad da Coruña (1º División Nacional) 19:00 Pasarrúas ca Charanga "Os Charangos" 20:30 Actuación Malabarista "Fauno" 23:00-0:00 Verbena na Praza do Conde coa orquestra EL COMBO DOMINICANO 00:00 Fogos de Artificio 1:00-3:30 2º Pase da Orquestra EL COMBO DOMINICANO

    11 setembro 09:00 Alborada e foguetes 11:00 Saida para o Río Eume 16:30 Actuación no Río dun Grupo musical 22:30-1:30 Verbena na Alameda coa orquestra ALARMA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook