Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Por Culleredo seguen de festa

    Orquesta Costa Oeste 2008 - 006 - Santa Cruz (Oleiros)Sonia Montero, vocalista da orquestra Costa Oeste, e detrás dela un músico da formación musical. Costa Oeste cerra con Aché a romaría de San Cosme, en Sésamo, Culleredo

    O Burgo, en Culleredo, cerraba o pasado mércores as súas festas cunha impresionante sesión de fogos artificiais e acuáticos e a actuación, un ano máis, da famosa orquestra PANORAMA, que congregou a miles de persoas para despedir as celebracións. Pero no concello seguen de festas, esta vez en Sésamo, onde se desenvolven os actos festeiros da Romaría de San Cosme.

    A orquestra VERSALLES foi a encargada de abrir esta romaría que se levará a cabo durante tres xornadas. Novamente música de orquestra para o domingo e o luns, día grande, a actuación de dúas grandes formacións musicais: COSTA OESTE e ACHÉ. Esta última actuaba nas citadas festas do Burgo o pasado sábado arrasando, como é habitual na formación.

    Desde logo o luns vaise montar unha boa en Sésamo. Festa rachada nunha romaría que se vai consolidando na zona ano a ano.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook