Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Porque non todo vai ser Entroido: Festa do Queixo de Arzúa

    Arzúa 2014 - Festa do Queixo - cartel A Festa do Queixo de Arzúa chega á súa 39ª edición coincidindo co Entroido

    A 39ª edición da Festa do Queixo de Arzúa, unha das máis famosas exaltacións de produtos da zona, que achega ademais un prestixioso festival musical, coincide este ano co Entroido, por iso as máscaras, os disfraces e comparsas se mesturarán esta vez cos festeiros arzuanos na súa famosa cita co queixo.

    Como é costume, dúas son as xornadas nas que se desenvolve a popular cita festeira onde manda a exaltación do queixo e a música, preferentemente rock, pop alternativo e folk, que acolle milleiros de visitantes entre a tarde do sábado e a xornada do domingo. ARIZONA BABY, LA PEGATINA, THE WINNING NUMBERS, EME DJ, PATY LESTA & THE HITS, TANTO NOS TEN e LEILÍA farán que o Campo da feira e a Praza de Galiza queden pequenos para acoller ao público asistente. Un ano máis Arzúa colgará o cartel de "cheo" coma en case os 40 anos que leva celebrando este evento.

    Arzúa 2014 - Festa do Queixo - programa

    Podes consultar sobre a Festa do Queixo na completísima páxina web oficial: http://www.festadoqueixo.org/

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook