Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Pravio está outra vez de festas

    Foliada 2011 - orquesta - cartel

    A orquestra coruñesa Foliada é o prato forte das festas de San Bartolomeu, en Pravio (Cambre)

    A localidade de Pravio, en Cambre, está de novo en festas. Aínda que as patronais son as do San Xoán, o San Bartolomé tamén ten cabida, aínda que non todos os anos, nesta vila cambrense. Hoxe venres 26 desde as sete da tarde terá lugar unha gran churrascada con reparto de viño, café e tarta larpeira. Todo isto amenizado polo grupo de gaitas OS LARPEIROS DE ALTAMIRA.

    O dúo DIAMANTE e a orquestra coruñesa FOLIADA amenizarán a primeira gran verbena. A agrupación TROLE será a encargada da festa do sábado e o domingo un grupo musical en sesión vermú cerrará as celebracións en Pravio, esperemos que ata xuño do ano que vén.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook