Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Pravio pon todo para unhas grandes festas

    Cambre 2013 - Festas de S. Xoán en Pravio - cartel

    As festas de Pravio (Cambre) son bastante irregulares na súa historia. Esta localidade a 16 quilómetros da Coruña ten dúas celebracións, o San Xoán (patrón da parroquia) e o San Bartolomé en agosto, pero non sempre hai verbena no campo da festa.

    Nin moito menos, uns anos hai festas para as dúas celebracións, outros anos celébrase o San Xoán ou o San Bartolomé pero non as dúas, outras veces, incluso, non houbo festa en ningunha das dúas ocasións. Pero a tendencia dos últimos anos é a que haxa, polo menos, un día grande de festas e, se se pode, completar con outra xornada ou incluso dúas.

    E para o día grande, o día da tradicional churrascada, polo menos no San Xoán, que para iso é o patrón, en Pravio contan sempre cunha grande orquestra, pero neste caso van ser dúas: EL COMBO DOMINICANO e MARBELLA. dúas grandes bandas para abrir as festas que este ano, ademais, serán de catro días.

    Para a sesión vermú e a verbena contarase co grupo BUMERANG. A orquestra LA BÁMBOLA de Vilagarcía será a encargada da cita do domingo, e para o luns, só en sesión vermú, o grupo KARAMBA poñerá o broche final destas festas, as máis longas en Pravio.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook