Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Presentación de orquestras pola porta grande

    Lugo 2012 - Macrofestival de orquestras de Lugonorte - cartelEste venres noite o Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo convértese nun gran campo de festas

    A axencia de espectáculos Lugonorte organiza un ano máis o seu Macrofestival de orquestras en Lugo, unha cita xa obrigatoria para todo festeiro que se precie. O Pazo de Congresos e Exposicións acolle unha temporada máis o evento verbeneiro que traerá a actuación de cinco orquestras.

    Con entrada gratuíta e servizo de bar, o Pazo de Congresos lucense convértese esta próxima noite de venres nun campo da festa de primeiro nivel. Nada máis e nada menos que cinco formacións musicais para amenizar unha noite de novidades e presentacións.

    Se hai que destacar algunha orquestra de entre as outras, salientamos BREIXA BAND por ser novidade este ano, TROPICANA polos seus ritmos e STEREO MUSIC SHOW polo seu espectáculo e repertorio. Esta última promete ofrecernos un repertorio cheo de baile con guiños á música actual para a xente nova e a estilos que na maioría das orquestras están un pouco esquecidos.

    COSTA DORADA e ACORDES serán as outras formacións musicais que completan o cartel dunha noite espectacular e chea de música e baile. Comeza xa oficialmente a temporada 2012…

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook