Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Presentación entre disfraces en Parada

    ordes-2011-parada-entroido-cartelA orquestra Panorama presenta nova xira en Parada (Ordes). A primeira das grandes citas festeiras na parroquia ordense

    En Parada (Ordes) preparan para o próximo sábado unha festa de Entroido moi especial; a primeira destas características na parroquia e mesmo no concello. Acostumados a boas festas como as patronais ou as da Xuventude, pola parroquia ordense pasan cada ano as consideradas mellores orquestras do momento. Agora hai unha cita máis da que xa demos conta en Festa a Festa. Hoxe a Comisión de Festas envíanos máis información sobre o evento festeiro do próximo sábado, entre disfraces do Entroido.

    ________________________________________ A ORQUESTRA PANORAMA PRESENTA A XIRA PLANET TOUR 2011 NA PARROQUIA ORDENSE DE PARADA

    A parroquia de Parada abrirá o vindeiro sábado, 5 de marzo, as celebracións do Entroido 2011 na comarca de Ordes cunha macroverbena e un baile de disfraces

    Parada (Ordes), 28 de febreiro de 2011.- A parroquia ordense de Parada abrira o vindeiro  sábado, 5 de marzo, as celebracións do entroido 2011 da comarca de Ordes por todo o alto, cunha gran verbena na que a orquestra Panorama presentará a xira Planet Tour 2011. Ademais, celebrarase un gran baile de disfraces.

    Por se isto fose pouco, dende a organización teñen prevista a actuación de unha orquestra sorpresa, que servirá para alaongar aínda máis as celebracións do primeiro día de Entroido desta parroquia ordense.

    Desde a comisión de festas destacan o novidoso desta celebración, por tratarse o primeiro gran baile con orquestras que se celebra en toda a comarca de Ordes.

    Os organizadores agardan que esta cita festiva sirva tamén para recadar fondos para as festas que esta parroquia xa está a organizar para datas próximas, como a Festa da Xuventude –prevista para o luns 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas e as Festas de Santa Mariña, patroa de Parada.

    A organización da Festa do Entroido de Parada instalará unha gran carpa no recinto para blindar a celebración fronte a calquera tipo de inclemencia meteorolóxica.

    Saúdos.

    Para máis informacion contactar con Alex, no teléfono 661154140

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook