Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Julio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Primeira gran cita festeira no Barbanza

    Boiro 2013 - Festas do Verán - cartel

    Seis días de festa esperan aos veciños de Boiro e os seus visitantes. A primeira gran cita festeira do Barbanza, a primeira das "festas longas" pois xa houbo algunha festa da Xuventude como en Escarabote ou Aguiño. Pero se falamos desas festas que duran case unha semana e cambian incluso o tráfico na vila para acoller as atraccións de feira, e presentan un cartel con máis de doce actuacións musicais entre grupos e orquestras, daquela estamos a falar das Festas do Verán de Boiro.

    Un amplo recinto feiral na avenida da Constitución e un programa musical de primeira liña na praza do Concello, actividades lúdicas e deportivas, sesións pirotécnicas e un longo etcétera compoñen o programa dunhas das mellores festas do mes de xullo en Galicia e que fan que a ampla praza do Concello quede pequena para acoller a todos os festeiros que durante estes días acudirán a Boiro. Desde JERUSALÉN ou SALSA ROSA ata PARÍS DE NOIA ou PANORAMA, pasarán pola vila boirense máis de dez orquestras e algúns grupos musicais que confeccionan un cartel variado para a cita do verán en Boiro, como THE LACAZÁNS, AGORAFOBIA ou AS CANTAREIRAS DE ARDEBULLO.

    Ata o próximo mércores a festa está instalñada en Boiro, non a podes perder!

    Boiro 2013 - Festas do Verán - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook