Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Primeiras baixas da temporada: París de Noia

    París de Noia 2011 - 004 - Abanqueiro (Boiro)A cantante de París de Noia, Vanesa Ramil, ficha pola orquestra Panamá 2013 en substitución de Patricia Otero / © Foto: roxegar 2011

    Cada vez empeza antes o vaivén de fichaxes entre as orquestras e grupos de Galicia. En Festa a Festa facemos por aguantar o máximo posible estas noticias para non prexudicar a aquelas formacións que, ao mellor, quedan sen un músico ou cantante de primeira liña, pero o certo é que cada vez resulta máis difícil conter estas informacións no tempo.

    Unha das primeiras orquestras en anunciar cambios para a temporada 2013 foi a PANAMÁ. A formación musical de Ferrolterra anunciaba a baixa da súa carismática cantante, Patricia Otero, despois de 11 anos na dianteira da banda, para a continuación informar sobre a nova e flamante fichaxe, nada máis e nada menos que Vanesa Ramil, procedente de PARÍS DE NOIA. Vanesa volverá a unha orquestra da zona ferrolá despois de estar dous anos na actual formación, pois anteriormente, cando fichou pola orquestra noiesa, Vanesa formaba parte da naronesa orquestra MONTES.

    E case ao mesmo tempo que se anunciaba a saída da cantante da orquestra noiesa, tamén se sabía da baixa de Exleidy Ramos "Exle", trompetista, para ser substituído por un gran coñecido: Javier Compota, compoñente actual e peso pesado en FILADELFIA.

    Isto non fai máis que empezar; algúns anuncian unha temporada con moitos cambios de persoal nas orquestras. Se xa foi importante oir e vir de músicos e cantantes en 2012, a próxima temporada parece que aínda será máis forte neste aspecto, ou iso din os entendidos...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook