Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Primeiros movementos na orquestra Canadá

    Orquesta Canadá 2012 - Marcos Méndez

    Marcos Magán é o novo saxofonista da orquestra Canadá 2012

    A orquestra CANADÁ prepara xa a súa segunda temporada con moitos cambios no seu cadro de músicos e cantantes. Se hai un ano anunciabamos o nacemento dunha nova orquestra, da man da axencia Alfa3, esa formación musical composta por 11 profesionais e encabezada por catro cantantes moi coñecidos na verbena galega (Sanela Ferizovic e Rocía Fouz no lado feminino, Oliver Insua e Michel Aly no lado masculino) levará a cabo unha profunda renovación nas súas filas.

    E para ir abrindo boca de cara á nova temporada, chégannos as dúas primeiras fichaxes de CANADÁ 2012. Trátase do saxofonista Marcos Méndez e do baixista Jesús Magán. O primeiro procede da orquestra PRINCIPAL e substitúe a Igor Pérez; o segundo, ex CAPITOL chega a CANADÁ para ocupar o lugar de Richard Gómez.

    Moitos cambios haberá en CANADÁ de cara á nova temporada; fichaxes novas para ocupar o lugar dos que marchan despois de asinar unha temporada de éxito, a primeira das moitas coas que de seguro nos deleitará a orquestra. De todos eses cambios iremos dando conta en Festa a Festa ata completar a renovada formación, incluíndo as voces que substituirán a artistas que xa están fichados noutras formacións: Sanela Ferizovic (PHILADELPHIA) e Oliver Insua (TRÉBOL).

    Polo momento xa podemos falar das dúas novas incorporacións para a orquestra CANADÁ 2012 e máis que virán para facer da orquestra unha formación de referencia co traballo de todos e os arranxos maxistrais de Suso Couto. Nada será igual con CANADÁ.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook